miércoles, 28 de mayo de 2014

A MULLER LAMPREA IV premio OLLOBOI ORIXINAL





Premio Olloboi orixinal 2014.
 
 
 
Un fermoso traballo cos rapaces e rapazas do IES As Barxas. 

Basado nunha idea de Iria Collazo e Luz Beloso. 

Tiven a sorte de participar nesta historia xunto aos protagonistas da mesma: os rapaces e rapazas do IES AS BARXAS que realizaron máis de 300 fotos por escena... un fermoso traballón!!
 
 
 
Imaxe do premio: OLLOBOI ORIXINAL 2014

viernes, 31 de enero de 2014

PEDRA E PEL


"Unha muller en constante loita e transformación. Que erguese a pesares dese ceo que tenta esmagala."


Tiven a honra de por texto e voz a este fermoso proxecto de Tere Freiría, no que a muller fúndese coa natureza.

Simbiose entre imaxe e verbo

Susana Rocha - pel
Tere Freiría - imaxe
Miguel Ángel Alonso Diz - Verbo
Sergio - audiovisual


Pedra e pel from Tere Freiría on Vimeo.

martes, 21 de enero de 2014

Contacontos en LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR retoma mañá mércores, a partir das 17:30 horas,  as sesións habituais de contacontos para bebés ata 3 anos. Sandra Senra e Beatriz Campos serán as especialistas en animación á lectura que impartirán esta actividade, que conta coa participación activa dos adultos que asisten cos nenos e nenas.