miércoles, 17 de octubre de 2012

...en galego

 
 
 
Os cans falan galego
e os paxaros, e os gatos.

As pitas e os porcos
discuten en galego.

Incluso as formigas dan
as ordes en galego.

Tamén falan as árbores

e a ialma do vento.

As flores, as abellas,
as tenras bolboretas
e o rexo firmamento.

O tempo no seu vagar
faino en galego.

Todo nesta terra
latexa en galego;
salvo ese avó avergonzado
que non fala co seu neto,
salvo eses pais disfrazados
que no o falan por medo...

...en galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario