lunes, 25 de junio de 2012

Musicando Arbo




O venres pasado celebrouse en Boiro o festival audiovisual Olloboi 2012. E mira que ben que eu teño un dos gañadores na casa: Seso Durán gañou o Olloboi 2012 ao mellor guión co video Musicando Arbo. Este foi o último traballo que fixo coa Orquestra Orff do IES As Bizocas.
Este festival audiovisual vense celebrando dende o ano 2010 como froito do traballo da asociación Marearte, unha asociación sociocultural sen ánimo de lucro que naceu como a expresión das inquietudes dun grupo de profesoras e profesores do ensino público galego en torno ao mundo audiovisual.
Ocorreseme que podería estenderme falando da inversión de tempo, traballo, esforzo, enerxías, etc. pero iso é algo que aos que nos adicamos ao ensino e o facemos porque nos gusta non nos di nada novo.
Prefiro falar da aposta decidida dun profesor de música polo seu proxecto, da creación dunha orquestra orff , dun festival de poesía e música, e das palabras que me dixo un día: crear cultura como algo tanxible. Seso Durán é un deses profes que pon toda a ilusión en cada alumn@, en cada grupo e en cada curso. Parabéns Seso, merécelo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario