viernes, 24 de febrero de 2012

AMANTE ROSALÍA


Quero que ela, a miña amante,
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.


 Quero cos  seus dedos estuden
as engurras das miñas costelas
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.


Quero morrer nos seus ollos
descansar na súa terra
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.


E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!


E berrar o seu nome
cando os desleigados nos negan!


Quero que ela, a miña amante,
encha o meu corpo de bolboretas,
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.


Quero vivir nos seus versos
sangrar na súa verba
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.


E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…


E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…


e murmurear o seu nome


e murmurear o seu nome



Miguel Ángel Alonso Diz

jueves, 23 de febrero de 2012

Alborada Jazz. Rosalia de Castro

OS QUILÓMETROS QUE PERCORREMOS DENDE AQUELA


Venres, 24 de Febreiro de 2012

ás 20:30 horas Na libraría Andel (Pintor Lugris, 10 36211 Vigo)

Presentación do libro de poemas 'Os quilómetros que percorremos dende aquela'

(Toxosoutos. 2011) de Alberte Momán.

martes, 21 de febrero de 2012



Lingua da terra escrava,
o silencio, xa chega,
as árbores esquecen,
Galiza triste pecha.

Só vexo grises tebras
nas mans, nos pés, nos peitos
agochados nas pedras.

O silencio, xa chega,
e leva ás súas costas
un traidor que renega.

Só vexo negras sombras
nos corpos nus, nas ialmas,
nas durmidas consciencias.

As árbores esquecen,
un feble verso agroma,
un berro na soleira.

Só vexo falsa ollada
nas mans, nos pés, nos peitos
agochados nas pedras.

Galiza triste pecha.
Unha cóbrega aniña
na imaxe onde durmida
rompe come vertebras.

Só vexo merdento ego
nos corpos, nas ialmas,
nas durmidas consciencias.

Galiza triste pecha.
Galiza triste pecha.

Foto:
Carlos Silva
Texto:
Miguel Ángel Alonso Diz


“O espazo é inusual, non porque non teña valor escénico, que o ten, senón porque non está sometido as condicións habituais dun teatro. […] Esa idea de colocar ao espectador noutra circunstancia con respecto a historia que se está contando é unha parte imprescindible da proposta. […] A proposta vai subliñando todas esas dificultades sobre as que os humanos fomos construíndo un tipo de cultura, que ...é a cultura do sufrimento, e que é a cultura de como cada un espera dos demais o que non espera dar. Nese aspecto é un triángulo enfermizo, e é un triángulo de poder, que utiliza o amor, ou a necesidade do amor, ou incluso a necesidade do desexo, para que uns personaxes vaian, alternativamente, impoñéndose aos outros. E, a partir de aí, non está na vocación da montaxe contar a novela de Dostoievski en absoluto, senón que está máis ben en sinalar aqueles momentos da novela no que a condición humana queda máis revelada, que son os momentos da relación entre eles. Deste xeito, a colocación da historia no centro de onde están sentados os espectadores axuda a que os espectadores estean máis cerca desa condición humana. E é verdade que ás veces o teatro pola distancia, e a pesar do seu combate dialéctico e escénico, sitúa a acción un pouco lonxe dos espectadores. […] Neste caso, e dado que é un combate moi humano, e que non hai razóns obxectivas para que os personaxes se comporten así (compórtanse así porque son así, porque son humanos), esa proximidade favorece moito a translación das intencións narrativas da obra. É dicir, en certo modo o espectador está pegado ao que lle sucede aos personaxes, está pegado a eles, está pegado aos seus detalles, e tamén está pegado aos comportamentos. […] O espectador ten que sentirse parte da circunstancia, porque a circunstancia é moi envolvente. E por ese lado a compañía desenvolvese ben, con moita soltura, e sen moito medo á proximidade. […] A obra non busca a comodidade da narración, senón que busca trasladar a complexidade de todos os sentimentos, e quizais dese comportamento que cando un sae de velo acaba por pensar que a especie humana é caprichosa e o seu comportamento non está sometido á razón, e eu creo que ese conflito (porqué suceden as cousas e porqué os humanos nos comportamos así, é poderíamos chegar á conclusión de que nos comportamos como idiotas), queda ben reflectido. […] Mónica de Nut é un dos acertos da montaxe. […] Non é un personaxe accesorio nin é un elemento gratuíto, nin decorativo: está introducindo ao espectador nos estados emocionais. […] Está suxerindo ao espectador como ten que colocarse emocionalmente ante o que vai suceder. E polo tanto é eficaz e é, seguramente, un dos activos da obra.” 
(Camilo Franco, Diario Cultural - Radio Galega )


Proposta escénica a partir de textos da novela El Idiota de Dostoievski e música de Monteverdi, Bach, A. Carlos Gómes e J. Cage. Con Teté García, Alfredo Padilla, Xosé M. Esperante e Mónica de nut. Dramaturxia e dirección Carlos Álvarez Ossorio.

"Yo ya no existo, lo se. Sabe Dios quien habita mi cuerpo en vez de mi verdadera personalidad. Estoy harta; renuncio a este mundo..." fragmento de Mujer Muerta Caminando.

ENTRADAS:

ZONA C, Rúa San Domingos de Bonaval, 1
Santiago de Compostela
A Coruña
Tel.: 981 557 152

Video promocional: http://vimeo.com/32929750

Máis información: http://www.camaranegra.org/menu.htm
Ver máis

lunes, 20 de febrero de 2012

PORTADA DO CULLARAPO CROQUE


Lembrade que se queredes apoiar económicamente 
este libro tedes que premer o seguinte enlace:


Poida que si que poida

Un traballo do Audiovisual As Barxas

Este ano unha vez máis os alumnos de cuarto da ESO en plástica, quixeron facer unha animación stop motion para o proxecto "somos comenius" do noso centro.

O mellor do vídeo comenius é que ten algo máis.... algo moi especial.. a MÚSICA,é unha música orixinal, made in Barxas, un RAP máxico ...do cal é responsable o noso profesor de música Seso Durán e o seu taller de artistas.

Por se isto fose pouco , a letra da canción en galego é do poeta Miguel Angel Alonso Diz membro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar.

Como di Miguel, meu amigo poeta,

AS ESTRELAS ALIÑANSE NO CEO....
MÚSICA- IMAXE -POESÍA
E NÓS TEMOS A SORTE DE DISFRUTAR DELAS.



CRÉDITOS DO VIDEO :


Animación realizada polo alumnado de Educación plástica e visual de 4º da ESO do IES As Barxas, Moaña (Pontevedra).

Música orixinal escrita, gravada e producida no Obradoiro Músicasbarxas.

Letra en galego: Poida que si que poida, poema de Miguel Ángel Alonso Diz.

Letra en castelán: Sebe.

Letra en francés: Tradución do Departamento de francés do IES As Barxas.

Mcs por orde de aparición: Sowel, Jenni Cancelas, Seso, Sebe e Katrin Ballesteros.
‎"Cada idioma é unha visión do mundo" (Keyserling).

viernes, 17 de febrero de 2012

NANORELATO - FEBREIRO -


EU marcarei o novo camiño!

Dia 18 de Fevereiro, sábado pelas 22h, será apresentada a 10ª sessão das "Origens do Cinema" com o filme-concerto "Safety Last" (1923) uma comédia burlesca protagonizada por Harold Lloyd acompanhada por música ao vivo por José Peixoto e Paulo Lemos.
São todos bem-vindos ao Bar Cultural d' A Filantrópica na Póvoa de Varzim para mais uma noite cinéfila.

 
O projecto “As Origens do Cinema” é uma iniciativa que pretende homenagear a Arte do Cinema, os filmes e os autores (realizadores, actores, etc) clássicos do período do cinema mudo (Anos 10, 20 e 30 do século XX).
Os Filmes-concerto pretendem recriar a atmosfera das primeiras projecções públicas
de filmes que eram muitas vezes acompanhadas por música ao vivo.
As sessões terão uma regularidade mensal (última sexta-feira de cada mês) e serão constituídas pela projecção de filmes mudos (curtas e longas-metragens), acompanhados por música ao vivo, num ambiente informal do Bar Cultural d’A Filantrópica.
Serão exibidos filmes que são hoje referência na história do cinema, obras-primas cinematográficas para serem revisionadas por cinéfilos e amantes do cinema e para os mais jovens uma oportunidade para conhecerem os filmes que criaram a linguagem e a estética do cinema.

Sessões anteriores:
I - Uma noite com Buster Keaton (3 curtas-metragens). Música por Pedro Zappa
II - Berlim vs Porto / Sinfonia de uma Capital de Walter Ruttmann
e Douro, Faina Fluvial de Manoel de Oliveira. Música pela banda 30&três
III - Tempos Modernos de Charlie Chaplin. Música por José Peixoto e Tiago Pereira
IV - Georges Méliès, o pioneiro da magia do cinema (Curtas-metragens). Música por grupo de sopros
V - O Gabinete do Dr. Caligari de Robert Wiene. Música por Nuno Maio/Paulo Lemos/Ricardo Castro
VI - O Couraçado Potemkin de Sergei M. Eisenstein. Música por Hugo Ramos
VII - O Homem da Câmara de Filmar de Dziga Vertov. Música por Aníbal Andrade
VIII - Nosferatu de F.W. Murnau. Música pela banda Biarooz
Sessão IX - Noite Surrealista com filmes de Luís Buñuel, Man Ray, Marcel Duchamp, Fernand Léger e René Clair; Intervenção Poética por Isaque Ferreira

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega á XIII edición


CELEBRARASE ENTRE O 4 E O 31 DE MARZO DE 2012


Coas supersticións como tema central, o Salón do Libro de Pontevedra chega este ano á súa edición 12+1. A iniciativa celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 4 e o 31 de marzo, e terá a Paco Martín como autor homenaxeado. Como cada ano, o programa prevé continuar con actividades para escolares, contacontos, teatro, música, obradoiros, monicreques, coloquios ou presentacións de libros. Segundo adianta o web, o evento "indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil".
Segundo anunciou a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, apuntou que o orzamento do evento será desta volta de 100.000 euros, 50.000 menos do que a primeira edición. Entre outras actividade, anunciou a celebración dun torneo de billarda, mesas redondas sobre lugares máxicos, unha obradoiro sobre talismáns a Calros Solla, que tamén achegará unha exposición sobre este tema. Pola súa banda, Pepe Penabade montará a mostra "O carro de buqueiras novo", personaxe que tamén protagonizará unha actividade no evento. Mostras da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, da Escola de Canteiros e mais dos centros de ensino da comarca son outras propostas do programa.

http://salondolibro.org/

miércoles, 15 de febrero de 2012

martes, 14 de febrero de 2012


24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


  • A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
  • Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.
  • A AELG convida a centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
  • O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
  • A AELG solicitou aos concellos que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais. A AELG anima a toda a cidadanía a participar desas actividades.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, pola súa parte, está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00
A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30
Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30
Ourense, Liceo, 19:30
Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00

ISGAcollective_aiDeus_ (Auditorio Concello de Vigo 07/12/2011)

AMOTE -(IES as Barxas)

jueves, 9 de febrero de 2012

Presentación do novo poemario de Xosé Daniel Costas


Na noite de mañá (xoves 9 ás 20:30h), o Centro sociocultural Daniel Castelao vai hospedar o acto de estrea pública, do novo poemario do moañés Daniel Costas Currás, Infancia de vacas mortas (Edicións Barbantesa).

Da man da Lonxa literaria de Moaña e a libraría O Pontillón, esta presentación contará amais de coa presenza autor, quen recitará algunhas imaxes do seu libro, coa introdución da tamén poeta Ledicia Costas.

Infancia de vacas mortas, “é unha serie de poemas que nacen da necesidade de contar imaxes que durante moitos anos fóronlle aparecendo a Daniel Costas diante del na procura de información e documentación para os seus traballos de escrita. Nestes versos, atopámonos coas sombras das imaxes, porque é nelas onde o autor quere transformar os poemas en contestación poética, ás diferentes realidades que nos atopamos polo mundo, e como os nenos son espectadores implicados na destrución”.

miércoles, 8 de febrero de 2012

Quen pode considerarme poeta?

se nos meus ollos

non hai estrelas batendo na noite,

nin astros alumeando o inverno.


Quen pode considerarme poeta?

se nos meus beizos

tan só durme un neno triste

de gris ollar eterno.


Quen pode considerarme poeta?


Quen pode considerarme poeta?

RECITAL POÉTICO DE MANUEL MARÍA

lunes, 6 de febrero de 2012

Las Mujeres Desnudas_Begoña Paz

ranhura



Escrevo pelas nuvens. A água desaba pela centopeia.
Na boca ferve o diospiro.
Bate o que estranho. Encontro o diadema sem corpo.
Estonteia o coração.
O estalo abre o músculo perante a descoloração do mundo.
Assim paira o ina-nítido.

(Ranhura, 2011, Carlos Vinagre)

A Hostia en Verso X - O Pobo Vs. Urdangarín



                                                      Sábado, 11 de Febreiro de 2012
                                                          Dende as 21:00 ata as 0:00
                                             C.S. Lume, Gregorio Espino, 55, Vigo, Spain


 

 
Prezados cidadáns e cidadás,

Dende a casa irreal é moi grato para nós convidarvos á décima sesión da Hostia en Verso, o único recital de poesía que conta co visto e prace e apoio incondicional da Zarzuela.

E por primeira vez desque ese fato de poetas levan argallando este...s recitais-combate que tanto nos enchen do consabiddo orgullo e satisfacción, podemos confirmar en RIGOROSA PRIMICIA que desta vez a honorable Casa irReal dignará o recital coa súa presenza. Logo das mentiras deitadas nos medios sobre a nosa humilde familia queremos someternos ao xuízo dos nosos súbditos como proba da nosa confianza nesta grande nación.

É por iso que seguindo a transparencia da que normalmente facemos gala, tanto no noso quefacer diario como nas nosas vacacións en Mallorca, desta vez participaremos de forma activa neste combate, no que nos enfrontaremos a elementos subversivos e bolcheviques (si, deses que fan tremer os cimentos deste país) nun combate xusto no que o público poderá decidir a vitoria máis xusta.

Os indesexables do pobo serán a coñecida avogada Ledicia Costas, que fará de Fiscal e Acusación popular Ledicia Costas (proximamente encausada no asunto Garzón polos seus procedementos alegais); Eduardo Estévez (coñecido e perigoso bolchevique, amigo do alleo e suposto asasino de Trotsky) e Bétula Alba (activista antisistema, radical, roxa e experta na confección de cócteles molotov e demais artefactos soviéticos).

Dende a Casa Real irán na súa decorosa representación Don Iñaki Urdangarín Liaebert, Duque de Palma (que irá co pseudónimo de Daniel Landesa), a infanta Dona Cristina (baixo a personalidade de María N. Soutelo) e, por suposto, en representación máxima desta institución, Su Campechana Majestad Don Juan Carlos de Borbón, Rei d'Alén da Gudiña (na personalidade de Xose Daniel Costas Currás).

Como condutoras da gala benéfica actuarán a cómica Lucía Aldao, que tomará parte cos seus chascarrillos do bando dos insurxentes (como non podía ser doutro xeito. Defendendo os intereses da Casa Real estará unha poeta de tradición e abolengo, María Lado, Marquesa das Terras Altas de Mallou e Grande da Costa da Morte.

Agardámosvos a todas e todos o sábado 11 de febreiro no Centro Social Lume.

 



sábado, 4 de febrero de 2012

Presentación da novela «Adelaida» de Artur Alonso Novelhe

O sábado 4 ás 20:00h. na libraría.
Depois de ter navegado pelos mares da poesia, com três livros individuais no seu haver (Entre os teus olhos; Uma Meixela depois a outra e Filhos da Brêtema), assim como um livro coletivo (Dez x Dez) Artur Alonso nos apresenta agora seu primeiro romance… Uma visão intimista do desconforto que esta sociedade de consumo e ânsias de obter bens materiais, impinge sobre as pessoas, suas vidas, e relações humanas…
Adelaida amostra um mundo de perturbações, desejos, anseios e sonhos de liberdade e amor… que nascem do gene entre a dificuldade de convivência e a excessiva individualidade, fomentada por um culto idealizado ao indivíduo e a criação artificial de falsas necessidades, que em teoria este deve cobrir para seu bem-estar físico e psicológico. Com Adelaida Artur Alonso, de novo resgata a profunda alma poética, que da continuidade e razão de ser a sua obra…

O principiño

jueves, 2 de febrero de 2012

Poema para Álvaro de Alberto Garcia Teresa

ÁLVARO. 27 DE ENERO DE 2012

Aunque tus piernas se hayan detenido,
tu sangre continúa fluyendo por nuestros corazones.
Sigue palpitando,
convocándonos
para desbordar todos los límites,
inflamando el aire con su potencia,
envolviéndonos acogedoramente
como sólo tu risa sabía hacerlo.
Aquí persiste la enseñanza
de tu inagotable inquietud,
la ebullición de tus yemas,
el tesón de tus puños,
la ilusión de tus ideas.
Conocías el secreto de las tormentas
para contagiarnos su electricidad.
Tu huracán de entrega,
que doblegaba las sombras,
nos traía una perpetua cascada
de días sin fin,
de mañanas recién inauguradas
y de puertas por donde crecer.
Con tus ojos puestos siempre hacia adelante
y las manos tendidas,
generosas a lo humilde, a lo sincero,
abrías senderos para construir hoy
un mundo nuevo
de mujeres y hombres libres y plenos.
Por las noches,
fumando junto a las estrellas,
reorganizabas sus constelaciones
desobedeciendo toda estructura preconcebida,
trazando dibujos inéditos
preparados en el lenguaje de los sueños.
Al ritmo de tu respiración insumisa,
de tu pecho inclaudicable,
con los pulmones hinchados de utopía,
ensayamos a cartografiar lo imposible
alentados por tu valentía de azalea,
que desescombraba los problemas.
Se me
parten las entrañas
cuando compruebo que no es una pesadilla;
que tu sonrisa nunca más
volverá a desafiar la madrugada;
que tu voz poderosa no atravesará
barreras de antidisturbios,
de convencionalismos
o de lentes acomodadas;
que la luz de tus pupilas,
ardientes de curiosidad,
no desenredará nuestras angustias
hasta hallar su esencia de lluvia.
Álvaro, nos distes tanto
que no parecía tener fondo
tu corazón.
Contigo aprendimos
el refugio y el impulso
de la alegría y del abrazo.
Contigo
aprenderemos a burlar
la muerte y el silencio;
a no ser sólo uno.
Tranquilo,
continuaremos combatiendo juntos.
Álvaro Tejero Barrios falleció embestido por un coche a 150 kilómetros por hora conducido por una mujer "al borde del coma etílico", que ha sido ingresada en prisión.



Muere el director de teatro "que se comía la
vida a dentelladas"

http://www.publico.es/culturas/419249/muere-el-director-de-teatro-que-se-comia-la-vida-a-dentelladas
http://lamarabunta.info/?p=10654