miércoles, 30 de noviembre de 2011

POEMATIZA II


 
Dende as 16:00 ata as 20:00

 
 
AULA A4A da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
 

 
 
O vindeiro xoves 1de decembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza da poeta ESTÍBALIZ ESPINOSA.
Máis información en http://gaelt-uvigo.blogspot.com/2011/11/poematiza-ii.html

martes, 29 de noviembre de 2011

Os quilómetros que percorremos dende aquela



Alberte Momán
ISBN: 978-84-92792-99-3
Editorial Toxosoutos

Os quilómetros que percorremos dende aquela.- As relacións humanas non son acontecementos illados na traxectoria vital dunha persoa, senón que se atopan expostas a todo tipo de influencias e agresións externas. Un entorno que en ningún caso nos é alleo e que condiciona o percorrido destas tres historias, que doadamente servirán de espello para o día a día das relacións persoais. Unha lectura próxima á que achegarse dende a propia experiencia.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Elvira Riveiro Tobío, gañadora do VI Certame de poesía erótica Illas Sisargas

A Casa de Turismo Rural Casa Arpón deuse a coñecer a obra gañadora do VI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. A obra gañadora foi “carnia haikai”, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro Tobío. O Premio foi entregado polo Alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro Novo.
O galardón está dotado con 1.000 €, que aporta o Concello de Malpica, a publicación da obra, que realiza a A.C. Caldeirón, e unha noite na Casa de Turismo Rural Casa Arpón, por cortesía deste establecemento

FERVENZAS LITERARIAS

2na fronteira: Illas Marabillas de Alfonso Láuzara

jueves, 24 de noviembre de 2011

Un ano da MARABUNTA


La Marabunta / Libreria & cafe /
C/ Torrecilla del Leal, 32. Lavapiés, Madrid
Tlf.: 915305555 libreria@lamarabunta

martes, 22 de noviembre de 2011

Presentación de POÑENTE en Santiago


Martes, 22 de Novembro · 20:00 - 21:00
Praza da Universidade, 1
Coa participación de Juan Monterroso, Lourenzo Fernández Prieto, Xoán Carmona, Manuel Bragado e Pere Tobaruela.

SHOWBUS. A nova normativa

viernes, 4 de noviembre de 2011

Presentación de "Pintalabios" en Santiago‏




Boas noites, amigxs.

O Mércores 9 de Novembro presento Pintalabios (o meu libriño de poemas -e collages- editado neste 2011 pola editorial Toxosoutos) en Compostela. Será na libraría Couceiro ás 20.00 horas.

Estarán comigo, arroupándome, e regalándovos verbas: David González Couso -editor de Toxosoutos e escritor- e Antía Otero -poeta, creadora e actriz-, a quen lle agradezo o entusiasmo por participar!


Un bico enorme.

Ana
http://www.anacibeira.blogspot.com/


Reseña de Armando Requeixo en Criticalia (Xuño 2011)


http://armandorequeixo.blogaliza.org/2011/04/20/mestiza/

Reseña de Vicente Araguas na Nordesía (Maio 2011)

http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html

Reseña de Héitor Mera no Faro de Vigo (Maio 2011)

http://anacibeira.blogspot.com/2011/05/pintalabios-no-faro-da-cultura.html







"Vermú literario" sobre "Desobediencia"


Sábado 5 de novembro. Pola mañán, ás 13:30 horas.




Na Librería "A Libreira".

Rúa Luís Seoane, 2

O Temple 15679

Cambre.