jueves, 14 de julio de 2011

A HOSTIA EN VERSO VI


Venres ás 22:00

--------------------------------------------------------------------------------
Lugar Pub Alma. Rua Pobladores, 9. Vigo
--------------------------------------------------------------------------------
Encendidos pola nocturnidade que abrigou o primeiro encontro de Xulieta e o seu Romeo, os Poetas da hostia cítamosvos este venres, 15 de xullo, para revivir a paixón e a fatalidade shakespearianas nunha nova sesión desta velada lírica sen igual bautizada co lema de A hostia en verso.

Os poetas que se baterán en defendesa do nome de Capuletos e Montescos serán Elvira Riveiro, Isaac Xubín, Ledicia Costas, Xabier Xil Xardón, Daniel... Landesa e Daniel Costas Currás. O público, ou sexa, vós, escolleredes o final cos vosos votos, sen importarvos un carallo o que o xenio inglés deixase escrito.
Ou... é que será posible que naza o amor entre os contrarios? Desoirán os impulsivos poetas as coñecidas advertencias do gran William?

Ven comprobalo este venres, no pub Alma da cidade vella que ben podería ser Verona. Con Lucía Aldao e María Lado exercendo de rivais patriarcas e presentadoras, e Mig Seoane facendo música en directo coa intensidade eléctrica coa que o faría Fray Rosendo se daquela existisen as computadoras.

A Hostia en verso VI é recital de poesía, pero é algo máis: un combate entre poetas onde o público decide o equipo gañador.

Esta sesión enmárcase dentro do V Curso de verán de Lingua e Cultura galega para estranxeiros da Universidade de Vigo, pero é unha actividade aberta a todo o que a queira ver de balde. É dicir que estás convidado aínda que ti xa saibas galego e Valença do Minho sexa todo o "estranxeiro" que coñeces.







No hay comentarios:

Publicar un comentario